É importante planificar os materiais que imos utilizar na aula, xa que estes cumplen nin mais nin menos que a función de aproximar a realidade aos nenos e nenas que interactúan con eles. A partir do ano, momento no que están os nenos e nenas dos que nos ocupamos nesta tarefa, van logrando un maior control do seu corpo e da manipulación de obxetos, percibindo cualidades dos materiais, establecendo relacións, asociacións, etc.
Características e requisitos dos materiais
Os materiais dos que dispoñeremos na aula serán algúns que se centren na estimulación dos sentidos, pero sobre todo aqueles que favorezan o desarroio motor, a coordinación, o xogo simbólico, a linguaxe, etc, capacidades todas elas máis propias do grupo co que traballamos (1 a 2 anos).Debemos ter en conta principalmente dúas características nos materiais:
- Didáctica: que se adapten ao proxecto, á programación e aos obxectivos do educador.
- Física: que se limpen facilmente, que non sexan peligrosos, non tóxicos e duradeiros.
Tipos de materiais
Os materiais cos que imos contar na aula son, evidentemente, materiais de
interior. Trataremos, na medida do posible, de contar con materiais comerciais
(xoguetes variados, pezas de construcción, pelotas, muñecos...) e de elaborar
nós mesmos desde a escola materiais con recursos funxibles (caixas, envases nos
que meter e sacar pezas, instrumentos musicais tipo maracas, etc.). É
interesante, tamén, que contemos con materiais para uso individual e colectivo,
principalmente porque as actividades colectivas son case sempre moi efectivas
nestas franxas de idade.
A continuación, detállanse os recursos materiais que ten na súa aula o
grupo de 1 a 2 anos, segundo a capacidade que desarroian:
- Psicomotor: rampas, escaleiras ou escalóns, barras, triciclos, grandes caixas...
- Manipulativas e experimentación: construccións, xogos de montar ou encaixar moi sinxelos, vehículos, muñecos, recipientes, obxetos para trasvasar, materiais do medio...
- Expresión oral: láminas de todo tipo, murais, carteis, coleccións de imaxes, libros, reproductor de música ou DVD, grabadora...
- Expresión mural e plástica: pinceis, pinturas de dedos, plastilina, telas, corchos, instrumentos musicais...
- Sensoriais: materiais de diferentes formas, tamaños, texturas, cores, pesos...
- Representación: muñecos, cociñas e útiles da vida diaria, vehículos, máscaras...
- Pensamento lóxico: puzzles e dominós sinxelos...
Materiais no período de adaptación
No período de adaptación os nenos e nenas deberán adaptarse a novos espazos e materiais, o que supón un esforzo para todos eles. Están ante un lugar novo que explorar, onde xogar e do que apropiarse; un espazo novo formado por recursos novos que lles van brindar un sinfín de posibilidades.
Por todo isto, debe facerse unha selección coidada dos materias, acorde cos obxectivos do período e o alumnado que o vai empregar. Estará preparado e disposto antes da chegada dos nenos e nenas, e será material suficiente para todos, suxestivo e interesante, así como polivalente na súas posibilidades de xogo e uso. Presentarase ben estructurado e irase engadindo máis, pouco a pouco. É importante que esteña ben disposto e accesible para facilitar hábitos de recollida e búsqueda. Podemos incluir elementos afectivos de cada quen, para familiarizar, en certo modo, o novo espazo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario