Proposta de organización dos recursos no período de adaptación. ORGANIZACIÓN DO TEMPO
As necesidades biolóxicas dos
nenos e nenas son as que marcan nun principio os ritmos e frecuencias
necesarias para a súa orientación temporal: toma de alimentos, cambios de pañal
e sono son as primeiras pautas e primeiras referencias para o neno. Pero non
debemos confundir esta estabilidade de ritmos con rixidez extrema, xa que o
neno precisa a flexibilidade necesaria duns tempos nos que poida vivir e
satisfacer sen prisas, ao seu ritmo, os descubrimentos, as relacións e as
emocións.
É imprescindible ter en conta que
o tempo é diferente en cada neno ou nena, xa que cada un ten vivencias e
esquemas distintas onde actúa e nas que se integra de novo e dende a que avanza
no coñecemento de si mesmo e do entorno que o rodea.
A distribución temporal estará
organizada con antelación, preferiblemente ao inicio do curso. É importante
adicar unha organización especial para o período de adaptación (PA), xa que
esixe un tratamento concreto ao significar a entrada do neno na escola
infantil. Neste momento as familias serán fundamentales para o proceso de
adaptación, convertíndose en parte activa da escola dende o primeiro momento.
Algunhas estratexias a ter en conta serían as seguintes:
- Realizar unha organización
flexible, permitindo alternativas de incorporacióndos nenos dunha forma
que facilite e promova a participación das familias en todo o proceso.
- Establecer criterios para a
incorporación dos nenos e nenas.
- Valorar a importancia que ten
para cada neno ou nena as súas necesidades afectivas e planificar a
organización téndoas en conta.
O PA suporá a separación mutua do
neno ou nena e a familia, para o que se precisará unha planificación detallada
de cómo será o proceso. Diferenciaranse dous momentos importantes previos á incorporación do neno ou nena, que son os seguintes:
- Visita da familia co neno ou nena ao
centro, onde serán recibidos polo educador que posteriormente vaia estar
no grupo do neno ou da nena. Este encontro producirase no mes de xuño do curso
anterior á escolarización.
- Entrevista coas familias, na
que se tentará transmitir confianza e tranquilidade, e iniciar o clima de
colaboración dende o primeiro momento. No mes de setembro, previamente á
incorporación do neno ou nena na escola.
En canto á incorporación, tamén terá unha organización especial, xa que así o requiren as características tan especiais do PA.
- Será específica e individualizada, e desenvolverase en momentos diferentes ao resto do alumnado da escola.
- Será progresiva. Comezarase cun período de tempo curto, para ir aumentándoo de xeito flexible e gradual, respectando os ritmos individuais de cada un para asimilar as novas situacións. Con todo, este horario reducido terá unha duración determinada, aínda que pode oscilar mais ou menos segundo as diferencias nos nenos e nenas.
- Será paulatina. Levarase a cabo en grupos reducidos, para que os educadores poidan dedicar todo o tempo necesario e cada un dos nenos e nenas.
As familias formarán parte tamén desta fase de incorporación, xa que permanecerán na aula durante pequenos períodos de tempo ao inicio das primeiras sesións, reducindo pouco a pouco a estancia na aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario