Unhas letras minúsculas que din tanto como as máis grandes, pero sin berrar e sin chamar a atención. Son as primeiras que coñecemos, e coas que realmente escribimos o importante. Son o fundamento da lingua, da comunicación. Esas letras pequenas son todos os nenos e nenas aos que ensinamos, o fundamento das nosas vidas e dos nosos mundos. O noso futuro está escrito en minúsculas.
Dou comezo a unha nova etapa, e con ela tamén a esta nova aventura que estades a ler. A nova etapa consiste en abrirme horizontes no ámbito profesional, e afondar no tema da educación na infancia. A aventura en escribir este blog e intentar explicar a importancia de tantas cousas minúsculas para levar a cabo unha labor maiúscula, como é a ensinanza a nenos e nenas entre os 0 e os 6 anos.
Moitos son os aspectos a ter en conta antes de comezar a desenvolver a acción educativa na etapa de educación infantil. O proceso educativo ten lugar nun espazo físico concreto e sérvese duns recursos materiais determinados, polo que unha adecuada organización do ambiente, incluíndo espazos e recursos materiais, facilitará a consecución dos obxectivos educativos. Precisamente por ese punto coido que é esencial comezar! Tratarei de explicar neste blog a organización dos recursos (espaciais, temporais e materiais) nunha escola infantil.
Bienvenida Marta :-) , enhorabuena por el blog y la nueva aventura, interesante enfoque, animo y a seguir, saludos.
ResponderEliminarGrazas. Un saúdo!
ResponderEliminar