jueves, 6 de marzo de 2014

Recursos materiais necesarios                                                                                                                

É importante planificar os materiais que imos utilizar na aula, xa que estes cumplen nin mais nin menos que a función de aproximar a realidade aos nenos e nenas que interactúan con eles. A partir do ano, momento no que están os nenos e nenas dos que nos ocupamos nesta tarefa, van logrando un maior control do seu corpo e da manipulación de obxetos, percibindo cualidades dos materiais, establecendo relacións, asociacións, etc. 

Características e requisitos dos materiais

Os materiais dos que dispoñeremos na aula serán algúns que se centren na estimulación dos sentidos, pero sobre todo aqueles que favorezan o desarroio motor, a coordinación, o xogo simbólico, a linguaxe, etc, capacidades todas elas máis propias do grupo co que traballamos (1 a 2 anos). 
Debemos ter en conta principalmente dúas características nos materiais:
  1. Didáctica: que se adapten ao proxecto, á programación e aos obxectivos do educador.
  1. Física: que se limpen facilmente, que non sexan peligrosos, non tóxicos e duradeiros. 
É importante dispoñer de materiais adecuados e variados, e por suposto sólidos e seguros. Así mesmo, tratarase tamén de que sexan atractivos e suxestivos para os nenos e nenas.  


Tipos de materiais

Os materiais cos que imos contar na aula son, evidentemente, materiais de interior. Trataremos, na medida do posible, de contar con materiais comerciais (xoguetes variados, pezas de construcción, pelotas, muñecos...) e de elaborar nós mesmos desde a escola materiais con recursos funxibles (caixas, envases nos que meter e sacar pezas, instrumentos musicais tipo maracas, etc.). É interesante, tamén, que contemos con materiais para uso individual e colectivo, principalmente porque as actividades colectivas son case sempre moi efectivas nestas franxas de idade. 

A continuación, detállanse os recursos materiais que ten na súa aula o grupo de 1 a 2 anos, segundo a capacidade que desarroian:
  • Psicomotor: rampas, escaleiras ou escalóns, barras, triciclos, grandes caixas...
  • Manipulativas e experimentación: construccións, xogos de montar ou encaixar moi sinxelos, vehículos, muñecos, recipientes, obxetos para trasvasar, materiais do medio...
  • Expresión oral: láminas de todo tipo, murais, carteis, coleccións de imaxes, libros, reproductor de música ou DVD, grabadora...
  • Expresión mural e plástica: pinceis, pinturas de dedos, plastilina, telas, corchos, instrumentos musicais...
  • Sensoriais: materiais de diferentes formas, tamaños, texturas, cores, pesos...
  • Representación: muñecos, cociñas e útiles da vida diaria, vehículos, máscaras...
  • Pensamento lóxico: puzzles e dominós sinxelos...

Materiais no período de adaptación

No período de adaptación os nenos e nenas deberán adaptarse a novos espazos e materiais, o que supón un esforzo para todos eles. Están ante un lugar novo que explorar, onde xogar e do que apropiarse; un espazo novo formado por recursos novos que lles van brindar un sinfín de posibilidades. 

Por todo isto, debe facerse unha selección coidada dos materias, acorde cos obxectivos do período e o alumnado que o vai empregar. Estará preparado e disposto antes da chegada dos nenos e nenas, e será material suficiente para todos, suxestivo e interesante, así como polivalente na súas posibilidades de xogo e uso. Presentarase ben estructurado e irase engadindo máis, pouco a pouco. É importante que esteña ben disposto e accesible para facilitar hábitos de recollida e búsqueda. Podemos incluir elementos afectivos de cada quen, para familiarizar, en certo modo, o novo espazo. 



Organización do tempo

Proposta de organización dos recursos no período de adaptación. ORGANIZACIÓN DO TEMPO



As necesidades biolóxicas dos nenos e nenas son as que marcan nun principio os ritmos e frecuencias necesarias para a súa orientación temporal: toma de alimentos, cambios de pañal e sono son as primeiras pautas e primeiras referencias para o neno. Pero non debemos confundir esta estabilidade de ritmos con rixidez extrema, xa que o neno precisa a flexibilidade necesaria duns tempos nos que poida vivir e satisfacer sen prisas, ao seu ritmo, os descubrimentos, as relacións e as emocións. 
É imprescindible ter en conta que o tempo é diferente en cada neno ou nena, xa que cada un ten vivencias e esquemas distintas onde actúa e nas que se integra de novo e dende a que avanza no coñecemento de si mesmo e do entorno que o rodea.
A distribución temporal estará organizada con antelación, preferiblemente ao inicio do curso. É importante adicar unha organización especial para o período de adaptación (PA), xa que esixe un tratamento concreto ao significar a entrada do neno na escola infantil. Neste momento as familias serán fundamentales para o proceso de adaptación, convertíndose en parte activa da escola dende o primeiro momento. Algunhas estratexias a ter en conta serían as seguintes:
  • Realizar unha organización flexible, permitindo alternativas de incorporacióndos nenos dunha forma que facilite e promova a participación das familias en todo o proceso.
  • Establecer criterios para a incorporación dos nenos e nenas.
  • Valorar a importancia que ten para cada neno ou nena as súas necesidades afectivas e planificar a organización téndoas en conta.


O PA suporá a separación mutua do neno ou nena e a familia, para o que se precisará unha planificación detallada de cómo será o proceso. Diferenciaranse dous momentos importantes previos á incorporación do neno ou nena, que son os seguintes: 
  • Visita da familia co neno ou nena ao centro, onde serán recibidos polo educador que posteriormente vaia estar no grupo do neno ou da nena. Este encontro producirase no mes de xuño do curso anterior á escolarización. 
  • Entrevista coas familias, na que se tentará transmitir confianza e tranquilidade, e iniciar o clima de colaboración dende o primeiro momento. No mes de setembro, previamente á incorporación do neno ou nena na escola. 
En canto á incorporación, tamén terá unha organización especial, xa que así o requiren as características tan especiais do PA. 
  • Será específica e individualizada, e desenvolverase en momentos diferentes ao resto do alumnado da escola.
  • Será progresiva. Comezarase cun período de tempo curto, para ir aumentándoo de xeito flexible e gradual, respectando os ritmos individuais de cada un para asimilar as novas situacións. Con todo, este horario reducido terá unha duración determinada, aínda que pode oscilar mais ou menos segundo as diferencias nos nenos e nenas. 
  • Será paulatina. Levarase a cabo en grupos reducidos, para que os educadores poidan dedicar todo o tempo necesario e cada un dos nenos e nenas.


As familias formarán parte tamén desta fase de incorporación, xa que permanecerán na aula durante pequenos períodos de tempo ao inicio das primeiras sesións, reducindo pouco a pouco a estancia na aula. 

Organización dos espazos

Proposta de organización dos recursos no período de adaptación. ORGANIZACIÓN DOS ESPAZOS. 

A organización dos espazos intervén dun xeito moi decisivo no proceso de ensinanza e aprendizaxe, ata o punto de constituirse coma un instrumento que o respalda. O entorno de aprendizaxe pode ser un poderoso instrumento docente a disposición do educador, xa que se pode empregar con diferentes propósitos, incluso ensinando a través do ambiente e dos seus materiais. O educador, de forma intencionada, diseña e organiza este medio no que os nenos e nenas van atopar as responstas á súa actividade motriz, manipulativa, iniciativa, exploratoria, socializadora, etc. Por todo isto, o espazo debe ser concibido coma un lugar de encontro, de intercambio coas persoas que o van a formar.

Os espazos educativos son escenarios de acción-interación-comunicación entre os nenos e nenas, as súas familias e os educadores. A súa organización debe orientarse principalmente cara á satisfación das necesidades e a atención dos intereses das persoas que o forman: de movemento, afecto, xogo, experimentación, comunicación, relación, descanso, etc.

Os espazos non so estarán definidos polas dependencias arquitectónicas, senón tamén pola disposición do mobiliario, materiais e obxetos, que poden xerar espazos ou subespazos dentro doutros maiores que favorezan determinadas accións, actitudes ou movementos.


Ao longo de toda a etapa da educación infantil, os nenos e nenas pasan dunha dependencia total do adulto hacia conductas moito máis autónomas. O ambiente debe contribuir a este proceso, trasmitindo seguridade física e emocional, e estímulos para crecer. Para isto, a aula debe contar con espazos donde o neno poida actuar libremente, facilitándolle o libre acceso aos materiais, eliminando barreiras. A zona principal da aula de 1 a 2 anos será a alfombra disposta para os encontros grupais, a manipulación e o xogo libre dos nenos e nenas.
Entre o ano e os dous anos de idade os nenos e nenas van logrando un progresivo control do seus corpo e certas habilidades motoras importantes, como os seus primeiros pasos. O espazo debe contar con lugares que favorezan o movemento, con equipamentos diversos que fomenten a capacidade motora, por exemplo contarse na aula cunha barra de apoio para aqueles que comezan a camiñar, e con rampas, escalóns ou espaldeiras.
Os nenos e nenas necesitan relacionarse, comunicarse con outros nenos e cos adultos. Para iso, proporcionaranse espazos para a interación grupal. Espazos amplos, que faciliten a visión xeral do grupo e a interación entre todos os membros. Pero igualmente, os nenos tamén precisan de espazos individuais, que fomenten o contacto individual do adulto co neno, constituindo rincóns íntimos, tranquilos e cómodos.
Así, crearanse puntos de referencia que proporcionen estabilidade e afectividade, como son por exemplo as zonas de aseo e cambio na aula de 1 a 2. Un lugar máis íntimo, no que a relación entre o aulto e o neno se fai mais estreita e afectiva.
As necesidades básicas dos nenos e nenas tan pequenos marcan o funcionamento de toda escola infantil. Debemos proporcionar respota a todas elas con zonas adecuadas para o cambio, a hixiene, a alimentación, o descanso… Na propia aula de 1 a 2 contarase cun espazo apartado de cambio e hixiene, outro para o descanso, e unha zona dividida polo mobiliario para a alimentación.
Non podemos esquecernos do principal obxetivo que teñen os nenos e nenas nesta etapa: o descubrimento do entorno a través da exploración, o descubrimento e a investigación. O entorno debe ser pois, rico en estímulos e experiencias, para promover así a exploración e o descubrimento, a investigación con obxetos e materiais diversos e novos.

Todo o anterior, debemos conxugalo co favorecemento da actividade lúdica, proporcionando espazos adecuados para o desenvolvemento do xogo simbólico, xogos de movemento, de construcións, etc.

No período de adaptación (PA) o fundamental é a interación entre os iguais, cos adultos, e o coñecemento e a adaptación a espazos totalmente novos. Para iso, e ademais de todo o anterior, o espazo estará disposto principalmente para que facilite o contacto e as relacións entre os nenos e nenas e o adulto, logrando satisfacer as necesidades de socialización e afecto. A actividade principal dos días de duración do PA desenvolverase na zona principal da aula, a alfombra. O seu fin primordial será promover o aprendizaxe, ofrecendo multitude de estímulos, facilitando o xogo, o descubrimento, a observación, a manipulación e a investigación. Tentarase desta forma ofrecer varias posibilidades aos nenos e nenas e despertar o seu interese e motivación.



Teremos moi en conta a adecuación da climatización, ventilación, decoración e iluminación, co fin de reunir as condicións máis idóneas e que os nenos e nenas se sintan cómodos e a gusto nos primeiros momentos na escola, e se cree un clima agradabe e acolledor.

Por último, crearanse espazos flexibles (zona de xogo simbólico, de observación e natureza, etc.), para poder adecuarse ás diferentes características, necesidades e intereses dos nenos, intentando nun primeiro momento, conxeniar coas súas demandas principais, para favorecer un clima positivo. 

A modo de conclusión, podemos resumir dicindo que o espazo debe cumplir no PA os seguintes requisitos:


  • Ser de fácil acceso
  • Estar deseñado dacordo ás actividades que se van desenvolver nel
  • Ser acolledor e flexiblemente ambientado, de forma que se facilite que nenos e nenas participen tamén no seu acondicionamento
  • Conter zonas e rincóns ben definidos
  • Contar con suficientes materiais e mobiliario
  • Dispoñer dun espazo que permita gardar certos obxectos de uso persoal, como un espazo individual de cada neno ou nena


Pero non podemos olvidarnos das zonas comúns da escola. Tamén son espazos cos que se atoparán os nenos e nenas que chegan novos á escola, polo que tamén se debe ter en conta a súa organización. 


  • A entrada constituirá un punto de información clave para as familias, xa que contará cun lugar específico para este fin (un corcho, por exemplo, no que se colgue aquela información importante).
  • A entrada e os corredores deben ser alegres, acolledores, cálidos, deben estar ben decorados co fin de crear unha actitude positiva que invite a entrar aos nenos no caso da primeira, e como medio de transmisión de información o segundo. 
  • Se a escola ten un espazo concreto para o comedor, este debe intentar reproducir o ambiente familiar, tratando de que non esteña moi masificado; e ben dotado no que a mobiliario adecuado se refire. 
  • Visitar as zonas comunes da escola pode ser unha actividade interesante neste PA, xa que a través destas primeiras visitas os pequenos empezarán a tomar conciencia do ambiente no que se atopan.  

miércoles, 5 de marzo de 2014

Obxectivos

Proposta de organización dos recursos no período de adaptación. OBXECTIVOS


A proposta de organización de recursos imos facela para un período de 15 días do proceso de adaptación. Como xa se dixo nalgunha entrada anterior, vai dirixida a un grupo de nenos e nenas de entre 1 e 2 anos de idade. Recordemos tamén que o período de adaptación debe ser considerado como unha necesidade do alumnado e a súa planificación debe ser coidadosa para que a escola non se converta nunha ameaza á súa seguridade emocional. 



Os obxectivos principais que se perseguen son:
  • Fomentar as relacións dos nenos e nenas cos seus iguais e cos seus educadores, favorecendo un clima agradable baseado na confianza e na seguridade. 
  • Facilizar o coñecemento dos diferentes espazos da aula e a súa intervención neles, dotando a aula de estímulos e puntos de interese que motiven aos nenos e nenas.
  • Explorar e manipular os obxectos e xoguetes da aula e interacturar co entorno da aula en xeral. 

Período de adaptación

Quen non comprende unha mirada, tampouco entenderá unha longa explicación. (Proverbio árabe)

O tempo denominado "período de adaptación" é un momento privilexiado para a relación familia-escola, co obxectivo de que os nenos e nenas atopen a seguridade emocional. É coñecido por todos que o inico da escolaridade é un momento cargado de emocións, unha fase da vida importante para os nenos e nenas, para as familias e para as escolas. Unha aventura a tres bandas, que ningún dos seus protagonistas pode enfrontar por separado, senón que terá que vivila en conxunto e en consonancia para poder chegar a rematala con éxito. 

Para os nenos e nenas, protagonistas principais deste proceso, este período de adaptación consiste nun tránsito da vida familiar á vida escolar nun contexto de crecemento importante polo que todos están a pasar, xa que están construindo as bases da súa personalidade, e todo o que vivan pode repercutir no seu futuro mais ou menos inmediato. 



Se o que buscamos é a definición de período de adaptación podemos resumila nesta tan sinxela: conxunto de fases sucesivas polas que o neno ou nena chega a acomodarse a un medio novo, ao medio escolar, que non é coñecido nin habitual. Desta definición entendemos pois, que cando falamos de período de adaptación referímonos ao intervalo temporal que os nenos e nenas precisan para asimilar certos cambios producidos na súa vida, contorno e ambiente ao incorporarse ao centro escolar e, en moitos casos, ao separarse por vez primeira da figura de apego. 

A verdadeira aprendizaxe do período de adaptación é encontrarse e separarse, é compartir experiencias fóra da propia casa con outras persoas (nenos e adultos), nun marco institucional organizado e seguro e resolvendo situacións de aprendizaxe novas. Polo tanto, a adaptación constitúe un proceso complexo no cal se desenvolven unha serie de relacións intersubxectivas entre as familias, o persoal docente, as nenas e os nenos, e por medio do cal se construirán vínculos entre todos eles. Esta experiencia converterase, ademai, na base das relacións sociais que os pequenos vivirán ao largo do seu paso polo sistema educativo. 

É importante non esquencer que cada neno e nena reacciona dunha forma diferente diante da mesma situación, e cada unha desas reaccións require unha atención diferenciada co fin de acadar un estado de seguridade emocional óptimo. 

Neste proceso de adaptación son varias as fases polas que pasan tanto os nenos e nenas, como as súas familias e as escolas: comézase por unha fase de achegamento cos primeiros contactos; pásase a unha fase de confianza cando os educadores se converten no referente afectivo dos nenos e nenas; para acadar finalmente unha fase de pertenza, momento no que os nenos comezan a atopar o seu lugar e as familias depositan a confianza nos centros. 




Proposta de organización de recursos

Idade?



De 1 a 2 anos. É precisamente nesta etapa, entre os 12 e os 24 meses, cando se producen un montón de acontecementos únicos na vida dos nenos e nenas: comezar a poñerse en pé, dicir as primeiras palabras, adquirir novas habilidades... Aínda que xa sabemos que cada neno é único e terá os seus propios ritmos, que, por suposto, deberemos respetar. 
É fundamental ter en conta a idade dos nenos e nenas para considerar os aspectos fundamentais do seu desenvolvemento e poder adecuar os espazos, os tempos, e os recursos ás súas necesidades principais, e orientalos a despertar a motivación e o interese. 

Se vos apetece recordar os principais feitos que se conseguen nesta idade, podedes visitar este enlace de Familia y saludAutonomía y curiosidad a la vez: un terremoto




O mundo escríbese en minúsculas

Unhas letras minúsculas que din tanto como as máis grandes, pero sin berrar e sin chamar a atención. Son as primeiras que coñecemos, e coas que realmente escribimos o importante. Son o fundamento da lingua, da comunicación. Esas letras pequenas son todos os nenos e nenas aos que ensinamos, o fundamento das nosas vidas e dos nosos mundos. O noso futuro está escrito en minúsculas.


Dou comezo a unha nova etapa, e con ela tamén a esta nova aventura que estades a ler. A nova etapa consiste en abrirme horizontes no ámbito profesional, e afondar no tema da educación na infancia. A aventura en escribir este blog e intentar explicar a importancia de tantas cousas minúsculas para levar a cabo unha labor maiúscula, como é a ensinanza a nenos e nenas entre os 0 e os 6 anos.

Moitos son os aspectos a ter en conta antes de comezar a desenvolver a acción educativa na etapa de educación infantil. O proceso educativo ten lugar nun espazo físico concreto e sérvese duns recursos materiais determinados, polo que unha adecuada organización do ambiente, incluíndo espazos e recursos materiais, facilitará a consecución dos obxectivos educativos. Precisamente por ese punto coido que é esencial comezar! Tratarei de explicar neste blog a organización dos recursos (espaciais, temporais e materiais) nunha escola infantil.